Cabanas Street View

10 de noviembre de 2009
Hoxe fiquei sorprendido lendo a prensa: Google Street View xa está dispoñíbel na Galiza. Até aí, nada novo: foron moitas as novas que veñen circulando dende hai tempo pola rede ("O coche de GSV fotografía Compostela"...).

E inda que xa se contaba que antes de 2010 estivese dispoñíbel, por aquilo do Xacobeo, saber que xa era posíbel acceder a este servizo, aledoume.

Así que comecei a buscar sitios coñecidos nas cidades de Vigo e A Coruña (casas de amigos, étc). Mais a sorpresa veu ao descubrir que parte de Cabanas tamén está fotografada. Non a súa totalidade, mais si as principais estradas (a de Ferrol, a de Ares, a de As Pontes...) alén de toda a zona da Praia da Magdalena. En fin, que xa hai entretemento...

Bookmark and Share

Pekín Express - La ruta del Himalaya (Cap. 9)

9 de noviembre de 2009
Voilá a ligazón para ver a novena entrega da segunda edicción de Pekín Express.

Bookmark and Share

Reflexións sobre a televisión e Internet

8 de noviembre de 2009
Froito dunha explicación que tivemos hai uns días nunha clase plantéxome a seguinte pregunta: está a televisión acabada?

A verdade é que é unha cuestión de non moi doada resposta, porque entran en xogo multitude de factores. Se ven é certo que as cotas de share son cada día máis baixas.

Os factores deste descenso son moitos: o aumento de canles, sobre todo agora coa chegada da TDT, a excesiva publicidade... mais sobre todo Internet. Hoxe en día é máis que habitual que unha persoa busque en Internet a súa serie favorita e use unha das múltiples plataformas de visión online (as webs das propias canles de tv ou outras alternativas) ou decida descargala ao seu ordenador para vela noutro momento ou pasala a un disco duro dixital e ver así o programa en cuestión a través do seu aparello de televisión.

E que vantaxe ten iso? Pois que podemos ver o que queremos cando queremos e sen publicidade. Abondo non?

É obvio que o modelo de negocio das televisións estase desmoronando: a xente fuxe cara Internet --> Menos share --> Menos anunciantes --> Menos ingresos --> Máis anuncios "low cost" --> Telelixo.

E que fan mentres as corporacións televisivas? Criticar Internet. Cando sae Internet nos telexornais? Cando se fala dos perigos das redes sociais, da indefensión dos menores, da pornografía e pederastia, do sinxelo que resulta mercar medicamentos...

Vós oídes algo bo de Internet na televisión?
Bookmark and Share

Onde Comer: A Cofradía de Rinlo

Hai algún tempo decidín crear unha nova etiqueta para marcar algunhas entradas do blogue, ondecomer. Con ela pretendía ir recomendando algúns lugares con algún interese gastronómico, ben fose por unha cousa ou outra.

Mais o certo é que non lle dei moito uso. Non por non querer senón máis ben porque ao regreso non me coincidía ter algo de tempo para adicarllo ao blogue e logo, co paso do tempo xa non me lembraba.

Hoxe, froito dunha conversa na casa, lembrei un sitio que visitamos a finais do 2007, A Confradía de Rinlo.

Hei de dicir que o descubrimento foi casual. Apareceu nun dos episodios do programa Galicia, cruce de miradas, que dirixían Antón Reixa e Antonio Segade. E foi destes sitios que dis: teño que ir!

Rinlo, pertencente ao Concello de Ribadeo, ten as súas orixes hai máis de 500 anos como porto baleeiro. Esta tradición maniféstase tamén en ter a segunda confradía de pescadores máis antiga do Estado Español.

Este porto é coñecido por ser o lugar, din, no que se crían as mellores langostas, bovagantes e centolas de toda a costa cantábrica, debido a que as rochas contan con centos de convas e recovecos formados polas fortes ondas que baten a costa.

A carta de A Cofradía de Rinlo está asolagada de manxares típicos do mar (bogavante, boi, nécoras, navallas, bacallau, bonito, pescada...). Mais se algo fai ter sona ao lugar é o seu arroz caldoso de marisco, cuxo prezo (29 euros para dúas persoas) non é para nada excesivo, e inda menos ao comprobar o delicioso que resulta. Iso sí, se queremos probalo é preciso indicalo no momento de facer a reserva. De feito eu recomendaría que inda que non se fose a comer o arroz caldoso se fixese reserva, pois o local non é excesivamente grande.

E xa de estar pola zona, cómpre visitar a vila de Ribadeo e a famosa Praia das Catedrais. Imos... que queda un día completo e agradábel ;)

A Cofradía de Rinlo
Web: http://www.cofradiaderinlo.com
Teléfono: 982.123.007


Ver A Cofradía de Rinlo nun mapa máis grande
Bookmark and Share

Concurso de Android

7 de noviembre de 2009
A través do blogue de Vítor de Palas entérome dun concurso que levan a cabo no blogue de Android en español.

Aproveitando que se cumpre un ano do seu primeiro post, decidiron sortear un HTC Magic de Vodafone.

A ver se hai sorte e toca!
Bookmark and Share

A historia de Google

5 de noviembre de 2009
Estes días estase a falar moito dun vídeo de 2 minutos que recolle a grandes rasgos a historia de Google. Voilá:


Bookmark and Share

Pekín Express - La ruta del Himalaya (Cap. 8)

Ante o nacemento de Play Cuatro, a nova televisión IP de Cuatro, creo que o tema das ligazóns aos vídeos do Youtube fica un pouco arcaico.

Bookmark and Share

Offiline as it happens

1 de noviembre de 2009
Nokia vén de lanzar unha campaña publicitaria co nome "Offline as it happens". Pretende ser unha parodia dunha anterior ("Online as it happens"), co fin de amosar as vantaxes de estar sempre online.

Trátase dos seguintes catro anuncios:






Vía: tvspotblog
Bookmark and Share

Polo galego, nin un paso atrás!

O pasado 18 de outubro miles de galegas e galegos ateigamos as vellas rúas de Compostela para reclarmármonos o dereito a vivirmos na nosa lingua, o galego.

O seguinte vídeo resume o que deu de sí a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego.


Bookmark and Share

Pekín Express. La ruta del Himalaya (cap. 7)

26 de octubre de 2009
Séptima etapa da segunda edicción de Pekín Express.


Bookmark and Share

Carlos Callón interrogado en "Foro Aberto"

21 de octubre de 2009
Bookmark and Share

Pekín Express - La ruta del Himalaya (cap 6)

20 de octubre de 2009
Sexta emisión da Ruta del Himalaya, a segunda edicción de Pekín Express













Bookmark and Share